You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.
Cun limiar do profesor Xesús Alonso Montero, as conversas son froito dun traballo pouco frecuente no xornalismo galego: entrevistar durante corenta e oito semanas a un escritor. Xosé Manuel del Caño realizou un traballo paciente e rigoroso ao recoller as opinións e lembranzas de Antonio Tovar desde abril do ano 2002 ata febreiro do 2003. Xosé Manuel del Caño estrutura as entrevistas de tal xeito que mantén o interese da lectura e transmite o xeito de falar directo e categórico do poeta. De Vicente Risco ao Partido Comunista, de presenza da morte ao amor, de Ourense a Galicia, neste libro viáxase pola vida e obra literaria dun autor de personalidade auténtica e senlleira. A literatura, a política e os amigos xorden neste libro a través da voz do propio poeta, que fala sen cancelas e logra apreixar o lector ou lectora nunhas verbas cheas de coherencia vital, lucidez e radicalidade.
Escribiunos entre xuño de 1995 e novembro de 1997. Neles trata os temas que marcan obsesivamente a súa obra poética: Deus, o sexo, a literatura, o propio eu, sempre na procura desa especie de transcendencia atea que impregna toda a obra tovariana.
Includes entries for maps and atlases.
Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da nosa poesía. Os críticos da máis diversa feitura (Vicente Risco , Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Basilio Losada ...) téñense pronunciado de xeito inteiramente favorable sobor da súa obra poética. algús, mesmo, xulgan que o seu nome é un dos dous primeiros da poesía galega de hoxe. para outros é un dos mellores poetas con que conta España nesta hora. A pesares do limpo e afervoado pronunciamiento da crítica, o poeta Tovar –escritor, ademáis, de gramática doada- inda non conqueríu o público q...
Xosé Carlos Caneiro ofrécenos en Triloxía dos tristes tres románticos relatos que teñen como asunto a tristeza de amor. Estas fermosas narracións, que nos traen á memoria o ritmo e a melodía dun bolero esquecido, reflicten na súa breve plenitude o mundo literario dun dos escritores galegos máis loados e premiados dos últimos anos.
Só os mortos soterran os seus mortos inclúe unha ducia de contos fantásticos, algúns dos cales se inscriben nunha tradición de terror que ten as súas raíces tanto en Poe e Lovecraft como na propia literatura galega, cos que Arturo Lezcano continúa o labor emprendido hai anos con Os dados de Deus.