Welcome to our book review site go-pdf.online!

You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.

Sign up

Creation, Publishing, and Criticism
  • Language: en
  • Pages: 258

Creation, Publishing, and Criticism

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2010
  • -
  • Publisher: Peter Lang

Laura Lojo is Associate Professor of English literature and language at the University of Santiago de Compostela and has a Ph.D. in VirginiaWoolf's writing. Lojo is the author of Introduction to Virginia Woolf's Short Fiction (2003), and is co-editor of Writing Bonds: Irish and Galician Contemporary Women Poets (2009). She has also published book chapters and articles in literary journals on various topics, such as the reception of British modernism in Spanish-speaking countries, Irish women's poetry, women's studies, and comparative literature. --

Vivir, unha aventura irrepetíbel
  • Language: gl
  • Pages: 269

Vivir, unha aventura irrepetíbel

Este volume recolle a memoria da poeta, o seu testemuño persoal, acompañado da documentación que ata o de agora permanecía agochada no papel amarelecido dos xornais e das cartas. Coa liberdade como máxima vital, a protagonista deste libro atravesa o tempo da Guerra Civil, a experiencia amorosa, a maternidade e os anos de aprendizaxe en América. A carón da vocación literaria xorde a amizade con membros da xeración poética española do 27 e as horas compartidas con moitos dos escritores e artistas galegos do seu tempo.

Partituras
  • Language: gl
  • Pages: 129

Partituras

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2019-07-20
  • -
  • Publisher: VENTOALTO

Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de forma incesante. De xeito que cada poema interpela e dialoga co seu próximo. O joc partit das vellas cantigas medievais cobra vida auténtica e dobra e expande o potencial da voz poética. Os textos entrelázanse, nunha estrutura cambiante e (ir)reversíbel. A partir da sensibilidade individual –de creadora e creador, neste caso– os versos asumen a condición dun todo único e plural. O que fai que, pola súa vez, isto constitúa un marabilloso exercicio de reinterpretación, á vez singular e colectiva, da existencia.

Lois Pereiro
  • Language: gl
  • Pages: 88

Lois Pereiro

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2022-03-19
  • -
  • Publisher: Laiovento

Velaquí unha cartografía xeográfica, desde O Incio á Coruña, pasando por Monforte, Madrid e varios países centroeuropeos, que nos retrotrae aos pasos, pensamentos e creación literaria dun escritor vocacional, un espírito culto, inconformista e rebelde, que, malia á adversidade dolorosa asexante, se nega a entregarse á rendición definitiva, radicalmente provocador, comunicador de vida e alento emocional humano como epicentro de existencia auténtica aberta ao mundo plural, mais interpretado desde aquí, desde nós. Unha palabra impresa que nos lembra a beleza das palabras e a forza do seu compromiso ético atemporal e sempre de actualidade. Vivimos malos tempos para a reflexión e a resistencia neste imperio “zombi” de Microsoft mental e de autoestradas da información cando xa hai tan poucas persoas con neuronas dispostas a servirse de tanta información, e moito menos a utilizalas en contra dese mesmo poder que as invade coas peores intencións.

Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1997
  • Language: gl
  • Pages: 336

Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1997

None

Un ruído provocado(r)
  • Language: gl
  • Pages: 93

Un ruído provocado(r)

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2024-04-14
  • -
  • Publisher: .

Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luísa Villalta. Todas buscan provocar un ruído: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaísta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas páxinas abalan entre a lembranza, o estudo rigoroso, a contextualización da súa produción, a reivindicación dos seus compromisos, o agarimo das amigas, a posta en valor do seu culturalismo e a visibilización do pouso que deixou en diferentes ámbitos. Nelas, a lectora e o lector atento poderán descubrir por si mesmos as arestas dunha autora que non renunciou a ningún xénero literario nin a comprometerse coa sociedade que lle tocou vivir. Marta Dacosta, Francisco Fernández Naval, Alexandrina Fernández Otero, Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, Rosalía Fernández Rial, Maribel Longueira, Antía Otero, Roberto Pascual, Montse Pena Presas, Ana Pillado, Susana Sanches Arins e Cesáreo Sánchez Iglesias achégannos a unha das poucas creadoras galegas que, á vez que se introduciu no ámbito da ficción, reflexionou sobre ela. Escoitemos, porque todos os ruídos resultan ser provocadores.

Edición e estudo da obra poética de Emilio Pita
  • Language: gl
  • Pages: 472

Edición e estudo da obra poética de Emilio Pita

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2006
  • -
  • Publisher: EDITUM

Este volume recolle o corpus lírico do polifacético intelectual Emilio Pita (A Coruña, 1909 - Bos Aires, 1981). O estudo biográfico do autor, as preceptivas análises e maila edición crítica dos textos fan desde libro unha interesante contribución no terreo da revisión e difusión das obras fundamentais da literatura galega.

Anuario de Estudios Literarios Galegos - 2001
  • Language: gl
  • Pages: 428

Anuario de Estudios Literarios Galegos - 2001

None

O morto asasinado e outros contos
  • Language: gl
  • Pages: 121

O morto asasinado e outros contos

Entre 1998 e 2012, María do Carme Kruckenberg publicou periodicamente, en edición non venal e co propósito de servir de agasallo ás amizades, un total de quince relatos breves acompañados de ilustracións de Eva Lloréns, Mercedes Lence, Gonzalo Suárez, Antón Goyanes e da propia autora. Eses relatos, xunto con outros sete publicados en 1999, reúnense neste libro. A experiencia vital da autora é a gran protagonista e o nexo destas pezas literarias nas que a sensibilidade da poeta, as súas vivencias e o pouso da memoria configuran un tecido feito de retallos, historias e impresións persoais sobre a vida e a xente. Unha ollada literaria que é o envés, tamén verdadeiro, da aventura irrepetible da poeta.

Diccionario da literatura galega: Publicacións periódicas
  • Language: gl
  • Pages: 608

Diccionario da literatura galega: Publicacións periódicas

None