You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.
Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón reinventar a cultura galega. O autor salienta o papel do intelectual galeguista como promotor da recuperación da cultura galega en plena ditadura franquista, nun momento en que as Letras en lingua galega, na Galicia franquista, eran irrelevantes, case inexistentes, e o uso social do vello idioma do país faría pensar que ese idioma só había producir, no futuro, unha literatura subalterna, "dialectal" e folclórica. Nese marco tan precario, cando non hostil, xorde o proxecto cultural que Alonso Montero describe pormenorizadamente en Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Desde o período anterior á Guerra Civil ata o seu papel como director literario de Editorial Galaxia, pasando polos anos de cárcere, a súa relación coa mocidade e a polémica con Luís Seoane, o libro é unha biografía intelectual de Piñeiro e un fresco do panorama cultural da época.
Carlos Casares escribiu esta biografía ao pouco tempo do pasamento de Piñeiro. A amizade e a estreita relación intelectual entre ambos os dous, de case trinta anos de duración, foi, en palabras do novelista, "un dos acontecementos máis importantes e decisivos da miña vida". Casares relata con amenidade as vicisitudes da traxectoria vital de Ramón Piñeiro e achéganos ao pensamento dun home fundamental para entender a recente historia de Galicia.
Recóllense neste volume a causa xudicial e o expediente penal, onde figuran os avatares máis destacados do seu paso pola cadea. Ambos os documentos con datos de primeira man a partir dos que dilucidar algunhas incógnitas: ¿como foi apresado Piñeiro? ¿Por que o procesaron e cal foi o tribunal que o xulgou? ¿Que probas se presentaron? ¿Cal foi a condena? Claréxase así un dos episodios máis coñecidos e, ao mesmo tempo, máis enigmáticos da resistencia fronte ao franquismo.
Biografía e antoloxía nas que se sintetizan e recollen tanto a obra coma as distintas facetas da vida de Ramón Piñeiro. Escrito por Beatriz García Turnes, profesora de Lingua e Literatura Galegas, autora de A lingua galega entre 1875 e 1916, situación social e consciencia idiomática, este libro amosa as distintas facetas da biografía do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009 e achega unha selección de textos que abranguen a súa importante actividade epistolar, a súa concepción do papel da lingua na sociedade, os ensaios sobre a saudade e a función da literatura como expresión da cultura dun pobo.
This book explores gender inequity and the gender gap from a range of perspectives including historical, motherhood, professional life and diversity. Using a narrative approach, the book shares diverse experiences and perspectives of the gender gap and the pervasive impact it has. Through authors' in-depth insights and critical analysis, each chapter addresses the gender gap by providing a nuanced understanding of the impact of the particular lens. It shares a holistic understanding of lived experiences of gender inequity. The book offers interdisciplinary insights into current political, social, economic and cultural impacts on women and their lived experiences of inequity. It provides mult...