Welcome to our book review site go-pdf.online!

You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.

Sign up

Pandrama
  • Language: es
  • Pages: 76

Pandrama

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2022-04-24
  • -
  • Publisher: Laiovento

Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama. O pandrama é totalizador. O prefixo “pan” e o substantivo “drama”, xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igual que a pandemia se refire a unha epidemia global. O pandrama revélanos que todos os mundos entran nel, do mesmo xeito que todos os dramas entran no mundo. O pandrama, así mesmo, vai máis aló do que entendemos por drama clásico, por tanto, inclúe o posdrama. A suma do drama e o posdrama é o pandrama. Porque a palabra en acción non só representa ou imita o mundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dos personaxes nunha situación de conflito. A palabra en acción é performativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerar mundos reais. A ficción fica na cabeza de cadaquén. Todas as palabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesítante, necesítannos, para poñelas en acción. E, ao activalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.

Texticulos dramáticos e posdramáticos
  • Language: gl
  • Pages: 134

Texticulos dramáticos e posdramáticos

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2015-07-15
  • -
  • Publisher: Laiovento

"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema "textículos dramáticos e posdramáticos", que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación "post" que se lles reclama, como pola dimensión "testicular" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor). Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, "...

Dramaturxia
  • Language: gl
  • Pages: 334

Dramaturxia

Con todo, as prácticas dramatúrxicas son consubstanciais ao desenvolvemento do traballo teatral, polo que a súa xénese hai que buscala no inicio dos tempos en que a escena se configura como espazo para crear mundos dramáticos. Este libro, que se concibe á maneira dun manual, analiza os aspectos máis substantivos da disciplina sobre os que se sustentan todas esas posibles orientacións.

Cadernos grial
  • Language: gl
  • Pages: 232

Cadernos grial

None

DRAMATRICULAS
  • Language: gl
  • Pages: 93

DRAMATRICULAS

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2018-09-07
  • -
  • Publisher: Laiovento

A medio camiño entre un libro de contos e un de poemas sitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outras posdramáticas. Nas primeiras encétanse fíos narrativos que se desenvolven pendurados da acción verbal, nas segundas ábrense fendas nas que a acción foxe do relato para ser son, movemento e xesto puros. Como na vida, hai escenas de amor e desamor. Hainas de personaxes que se buscan. Hainas de voces que non chegan a ser personaxes porque non dan construído a súa identidade. Hai escenas de sexo. Hainas de pensamento. Pero en todas, os personaxes, de habelos, han ser a actriz ou o actor que os actúe e os diga, han ser as lectoras e os lectores que queiran xogar con estas dramatículas. Porque, á fin e ao cabo, o que aquí se propón é un xogo coas voces que ha chamar polo corpo.

Cento vinte e cinco anos de teatro en galego
  • Language: gl
  • Pages: 462

Cento vinte e cinco anos de teatro en galego

A estrea do espectáculo A fonte do xuramento constitúe un fito trascendental na posta en marcha do sistema teatral galego. Ao longo destes 125 anos foron moitas as persoas, homes e mulleres, que traballaron a prol da construción e do desenvolvemento dese sistema. Este volume, co que a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia inicia a súa propia liña editorial, en colaboración con Galaxia, quere ser un reconto desa peripecia e, ao tempo, unha homenaxe a todas as xentes de teatro de Galicia, polo seu esforzo exemplar e xeneroso.

Banqueiros
  • Language: gl
  • Pages: 166

Banqueiros

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2013-05-02
  • -
  • Publisher: Laiovento

Parece evidente que, cando falamos de “crise”, estamos a empregar un vulgar eufemismo tras o que se agacha un calculado e programado saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez cos logros acadados pola clase traballadora no decurso dos séculos: Seguridade Social, ensino e sanidade públicos, dereito a un traballo digno, vacacións remuneradas, etc. Non é casual a demonización que se está a facer na actualidade da figura dos funcionarios e funcionarias, pois non se pode admitir que no futuro existan persoas que gocen dun emprego de por vida e que, ademais, militen nalgún sindicato de clase ou secunden as folgas, algo impensábel para quen “goza” dun traballo temporal e renovábel en función da súa “docilidade” cun sistema corrupto. O Teatro –xunto cos púlpitos– foi secularmente, por mor do elevado índice de analfabetismo, o principal medio de comunicación de masas... Por esa razón, consideramos que nas actuais circunstancias, o xénero dramático debe recuperar ese necesario protagonismo, denunciando o que outros silencian, ocultan ou manipulan

Grial
  • Language: gl
  • Pages: 630

Grial

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2003
  • -
  • Publisher: Unknown

None

Literatura dramática
  • Language: gl
  • Pages: 710

Literatura dramática

Cada capítulo presenta unha visión pormenorizada de movementos, autores e textos significativos, que se complementa cunha selección de fragmentos de obras de especial relevo. Concibido cunha orientación divulgativa, o volume pode servir como manual de estudo e tamén como guía para a lectura de textos e novas indagacións. Finalmente, constitúe unha homenaxe á palabra, ao texto, á literatura, e aos seus artífices, os escribas, homes e mulleres, de todos os tempos.

Manuel Lugrís Freire do texto ao escenario
  • Language: gl
  • Pages: 300

Manuel Lugrís Freire do texto ao escenario

Mais a análise non se limita ao estudo do contexto dramático e teatral, en Galicia ou en Europa, tamén se propón unha lectura en clave actual dos textos de Lugrís. Faise o camiño que leva da páxina impresa ao escenario, que se concreta na creación de espectáculos, analizando os procesos que facilitan que en calquera tempo e lugar un grupo de persoas poidan crear un espectáculo, finalidade para a que os textos de Lugrís, hoxe coma onte, poden ser un excelente pretexto. Elaborado desde a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, o volume tamén quere ser unha homenaxe desa institución á figura de Lugrís Freire e unha defensa da nosa memoria histórica no campo dramático e teatral.