Welcome to our book review site go-pdf.online!

You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.

Sign up

Bonus Track
  • Language: gl
  • Pages: 112

Bonus Track

Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK. Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas. É importante agardar. As mellores hisorias comezan onde remata a melodía. Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.

Mover ficha. Proposta didáctiva para as aulas de linguas e literatura
  • Language: gl
  • Pages: 257

Mover ficha. Proposta didáctiva para as aulas de linguas e literatura

Este non é un libro de texto, non é un manual de instrucións, non pretende ser exemplo de nada, non sabe a receita didáctica. Só sostén entre as mans un reto quen vai á escola con ganas de xogar. Se tes medo a dubidar, MOVE FICHA! Se cres que cada xeración le menos cá anterior: MOVE FICHA! E que treman os andeis que están por construír! Move ficha: antes de cubrir ocos con caixóns gramaticais, logo de non querer trabucarte. Non repartas fichas iguais. Viste o disfrace de docente e sae brincar. Entra ao colexio bailando. Contaxia aos demais. Volve empezar. MOVE FICHA!

Árbores no deserto
  • Language: gl
  • Pages: 77

Árbores no deserto

Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes de ser tallada, a poesía latexa no corpo en prosa do pensamento filosófico. Do mesmo xeito que as partituras sustentan as acrobacias da improvisación, entre os cimentos dos discurso sólidos brinca, funambulista, a liquidez dos versos. Así, este libro escribiuse ao desconstruír a voz e o trazo das súas autoras. Sobre a trama resultante a literatura compuxo colaxes urdidas coa figura e as palabras de pensadores que teceron imaxinarios redentores a través do tempo. As raíces das súas ideas medran agora en nós, coma árbores no deserto. Coma árbore no deserto agroma, rizomática, a nosa arte, oasis de liberdade.

Rosalía pequeniña
  • Language: gl
  • Pages: 29

Rosalía pequeniña

A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.

Un ruído provocado(r)
  • Language: gl
  • Pages: 93

Un ruído provocado(r)

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2024-04-14
  • -
  • Publisher: .

Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luísa Villalta. Todas buscan provocar un ruído: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaísta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas páxinas abalan entre a lembranza, o estudo rigoroso, a contextualización da súa produción, a reivindicación dos seus compromisos, o agarimo das amigas, a posta en valor do seu culturalismo e a visibilización do pouso que deixou en diferentes ámbitos. Nelas, a lectora e o lector atento poderán descubrir por si mesmos as arestas dunha autora que non renunciou a ningún xénero literario nin a comprometerse coa sociedade que lle tocou vivir. Marta Dacosta, Francisco Fernández Naval, Alexandrina Fernández Otero, Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, Rosalía Fernández Rial, Maribel Longueira, Antía Otero, Roberto Pascual, Montse Pena Presas, Ana Pillado, Susana Sanches Arins e Cesáreo Sánchez Iglesias achégannos a unha das poucas creadoras galegas que, á vez que se introduciu no ámbito da ficción, reflexionou sobre ela. Escoitemos, porque todos os ruídos resultan ser provocadores.

Cómo leer a Leandro Fernández de Moratín
  • Language: es
  • Pages: 128

Cómo leer a Leandro Fernández de Moratín

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1990
  • -
  • Publisher: Unknown

None

Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o Seu Tempo
  • Language: gl
  • Pages: 504

Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o Seu Tempo

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1986
  • -
  • Publisher: Unknown

None

Boletín oficial del estado: Gaceta de Madrid
  • Language: es
  • Pages: 1296

Boletín oficial del estado: Gaceta de Madrid

  • Categories: Law
  • Type: Book
  • -
  • Published: 1984
  • -
  • Publisher: Unknown

None

Gaceta de la Regencia de España e Indias
  • Language: es
  • Pages: 896

Gaceta de la Regencia de España e Indias

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1922
  • -
  • Publisher: Unknown

None

Report on the Geology of the Philippine Islands
  • Language: en
  • Pages: 160

Report on the Geology of the Philippine Islands

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1901
  • -
  • Publisher: Unknown

None