Welcome to our book review site go-pdf.online!

You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.

Sign up

As ramonas
  • Language: gl
  • Pages: 118

As ramonas

PREMIO GARCÍA BARROS 2018 Mona Otero é unha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia, e mesmo con deseperación, a súa meta de triunfar no mundo da arte. A protagonista, sancionada coa perda do carné de conducir, non pode dispoñer de coche propio, polo que depende doutras persoas para desprazarse. Toda a historia que se narra en As ramonas emana do interior de sucesivos vehículos desde os que a protagonista nos vai amosando un rosario de factores que delimitan a súa existencia: a competitividade, a autoestima, os odios, a pobreza, a familia, o abandono, as aparencias, a falsidade do éxito, a dignidade. Mais Mona Otero é só un fío do nobelo no que se vai xuntando co outras ramonas -unhas veces complementarias, outras opostas- e a partir do cal van formando un complexo mundo de mulleres. A novela de Ana Cabaleiro é, ademais, o retrato dunha sociedade rural en mutación, cun pé asentado na tradición e nos lazos familiares e co outro alancando cara á globalización

Gender, Displacement, and Cultural Networks of Galicia
  • Language: en
  • Pages: 330

Gender, Displacement, and Cultural Networks of Galicia

This book, bringing together a multi-voiced dialogue between academic scholars and professionals from diverse fields, shares a comprehensive and heterogeneous look at the interdisciplinarity of Galician Studies while examining a chronologically broad range of subjects from the 1800s to the present. This volume carves out a distinct approach to gender studies investigating issues of culture, language, displacement, counterculture artists, and community projects as related to questions of politics, gender and class. Women, conceived as both individual and political bodies, are studied, among other things, as an example of what it means to struggle from the margins emphasizing the importance of looking at the opposition between the center and the peripheries when studying the relationship between space and culture.

Xa vemos palmeiras
  • Language: gl
  • Pages: 108

Xa vemos palmeiras

Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha travesía singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.

Las Ramonas
  • Language: es
  • Pages: 139

Las Ramonas

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2020-04-14
  • -
  • Publisher: De conatus

Una novela sobre el rural contemporáneo, escrita no desde la idea de la España vacía, sino desde la realidad de gente que vive a caballo entre la idealización del campo y la necesidad de salir del agujero vital que representa. Los personajes, de unos cuarenta años, viven todavía en la estela de la crisis, con sueños rotos, pocas posibilidades, carreras frustradas. Ana Cabaleiro quiere contar la realidad sin edulcorarla, quiere recuperar la novela que denuncia la brecha entre distintas clases sociales. La protagonista, Mona Otero, fotógrafa de bodas, no es una heroína y como los personajes de las grandes novelas se mueve desde un deseo imposible, ser una artista internacional. Desde ahí, la novela gira alrededor de un tema de la condición humana sobre el que se ha escrito poco, la envidia. La acción es trepidante, cada capítulo deja un deseo irreprimible por leer el siguiente. Las Ramonas es una novela que atrapa al lector desde el principio, al meter a la protagonista, que ha perdido los puntos del carnet por una borrachera.

Archetypes and metaphors
  • Language: en
  • Pages: 48

Archetypes and metaphors

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2013
  • -
  • Publisher: Unknown

None

Deixádenos remar
  • Language: gl
  • Pages: 118

Deixádenos remar

A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e na manifestación dos nosos soños e loitas dependendo do lado do muro en que habitemos. En «Deixádenos remar», novela finalista do Premio Xerais 2020, Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todas humildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.

Sapos e Sereas
  • Language: gl
  • Pages: 55

Sapos e Sereas

É a estrea literaria de Ana Cabaleiro Unha voz especialmente singular dentro da nosa literatura e que nos vai agasallar, no futuro, páxinas coa mesma potencia literaria coma as que temos neste mollo de relatos. Neste volume nada é o que parece. A autora disponse a darlle a volta a moitas historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira. E, grazas á súa ollada nova, descubrimos que hai moitos sapos que non merecen saír da fochanca, que hai Sereas atrapadas en destinos tráxicos e que a realidade é, cando menos, cuestionable. Mellor dito, que hai que a cuestionar.

Chámame señora, pero trátame coma a un señor
  • Language: gl
  • Pages: 123

Chámame señora, pero trátame coma a un señor

Memoria perosal do machismo na cultura Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma quen que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. Non aturo as que se fan as parvas cando é evidente que as engurrar na pel e as canas no pelo delatan que xa non están na idade da inocencia. Tampouco creo a esas que pretenden xustificar os seus fracasos ou desilusións valéndose da inxenuidade. Hai actitudes que, a unha certa idade, beirean o ridículo. Especialmente, nunca crin que, aos meus anos, as escritoras poidamos comportarnos coma se aínda puidésemos ser princesas. No fin de con...

O axolote e outros contos de bestas e auga
  • Language: gl
  • Pages: 78

O axolote e outros contos de bestas e auga

PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2020 Nestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural. Contos que combinan o desacougo co humor, o improbable co imposible, o humano e mais o natural, todo superposto e fundido nunha colección de historias de prodixios e arrepíos. A auga e os animais –tamén outras bestas– cobran protagonismo nestas páxinas. A autora logra dosificar a intriga e mostra un dominio da tensión para crear atmosferas envolventes e inquietantes. Cunha prosa suxerente e de grande altura estética, introdúcenos noutras épocas e latitudes con mestría e logra conmovernos en cada relato.

O libro dos trens
  • Language: gl
  • Pages: 252

O libro dos trens

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2019
  • -
  • Publisher: Unknown

None