You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.
Mais a análise non se limita ao estudo do contexto dramático e teatral, en Galicia ou en Europa, tamén se propón unha lectura en clave actual dos textos de Lugrís. Faise o camiño que leva da páxina impresa ao escenario, que se concreta na creación de espectáculos, analizando os procesos que facilitan que en calquera tempo e lugar un grupo de persoas poidan crear un espectáculo, finalidade para a que os textos de Lugrís, hoxe coma onte, poden ser un excelente pretexto. Elaborado desde a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, o volume tamén quere ser unha homenaxe desa institución á figura de Lugrís Freire e unha defensa da nosa memoria histórica no campo dramático e teatral.
Manuel Lugrís Freire, vida e obra é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da RAG, que el cofundou e presidiu. Os primeiros capítulos afondan nas tres etapas da súa vida onde se desvelan, mercé a un intenso diálogo coa obra de Lugrís e exhumando algúns textos descoñecidos, as claves dunha biografía marcada pola irredutible vontade de recuperar os nosos sinais de identidade. Ademais, o volume (que aporta interesantes novidades) contén diversos apartados que percorren o seu lado máis humano a través da lembranza dos que foron os seus amigos; a relación, nalgúns casos amigable, que mantivo cos mestres do Rexurdimento; as claves do seu pensamento político; unha análise da súa produción creativa e, finalmente, un capítulo centrado en subliñar a súa actitude como firme defensor da lingua galega. Unha cronoloxía e unha boa bibliografía poñen o ramo a esta completa, esixente e rigorosa monografía elaborada polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás.
None
Manuel Lugrís Freire (Sada 1863- A Coruña 1940) é autor dunha ampla obra que abrangue todos os xéneros: a poesía con títulos como Soeidades, Noitebras, Versos da loita, Ardencias e As mariñas de Sada e o teatro con pezas como A costureira da aldeia, A ponte, Minia, Mareiras, Esclavitú. En narrativa O penedo do crime e Contos de Asiedumedre. Ademáis de fundador e Presidente da Real Academia Galega é iniciador da oratoria polítca en galego, foi autor da primeira gramática do idioma escrita en lingua galega.
Para coñecer un autor é preciso afondar en ambos os dous aspectos. Esta escolma, amáis de ser un complemento da obra de Manuel Lugrís Freire: unha biografía, contén unha síntese bioblibliográfica, unha explicación dos textos escolmados e unha completa bibliografía. Dese xeito facilítase ao lector a procura da circunstacia na que foi concibida a multifacética obra de Lugrís Freire. A Antoloxía recolle textos das súas dirferentes épocas vitais (dende 1885 ata 1931) e dos diversos xéneros nos que traballou ( poesía, prosa, teatro, xornalismo e oratoria).
A look at experiment and continuity in North American poetry since the 1960s.
None
None