You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.
Caribbeab-Opedia is a collection of profiles about individuals who contributed or made inputs to the development of our region. It serves as a foundation or starting point suitable for further development that will enhance knowledge about efforts that we as a people invested towards where we are today.
Este epistolario reproduce unha selección das cartas que, durante unha longa secuencia cronolóxica, Ramón Piñeiro destinou a Francisco Fernández del Riego, amigo e compañeiro nas tarefas de reconstrución política e cultural de Galicia. As cartas abranguen un período que vai desde 1948, cando Piñeiro aínda estaba na cadea por causa das súas actividades galeguistas, ata 1970. Nelas, dunha maneira concisa pero detallada, van aparecendo moitos dos proxectos, teimas, persoas, libros e ideas que nutriron, desde o cerne constituído por Galaxia, a difícil supervivencia e consolidación da cultura galega durante o franquismo.
Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón reinventar a cultura galega. O autor salienta o papel do intelectual galeguista como promotor da recuperación da cultura galega en plena ditadura franquista, nun momento en que as Letras en lingua galega, na Galicia franquista, eran irrelevantes, case inexistentes, e o uso social do vello idioma do país faría pensar que ese idioma só había producir, no futuro, unha literatura subalterna, "dialectal" e folclórica. Nese marco tan precario, cando non hostil, xorde o proxecto cultural que Alonso Montero describe pormenorizadamente en Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Desde o período anterior á Guerra Civil ata o seu papel como director literario de Editorial Galaxia, pasando polos anos de cárcere, a súa relación coa mocidade e a polémica con Luís Seoane, o libro é unha biografía intelectual de Piñeiro e un fresco do panorama cultural da época.
Carlos Casares escribiu esta biografía ao pouco tempo do pasamento de Piñeiro. A amizade e a estreita relación intelectual entre ambos os dous, de case trinta anos de duración, foi, en palabras do novelista, "un dos acontecementos máis importantes e decisivos da miña vida". Casares relata con amenidade as vicisitudes da traxectoria vital de Ramón Piñeiro e achéganos ao pensamento dun home fundamental para entender a recente historia de Galicia.