You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.
Premio de Narrativa Breve Repsol 2008 45 relatos breves dotados dun humor cómplice e dunha fina ironía e adobiados cun erotismo atrevido. A verdade como mal menor xoga coa literatura e coa cultura, xunta fontes eruditas certas con outras falsas, fai esvaerse a fronteira que separa ficción e realidade, é un engado para a imaxinación do lector. Narrativa que induce á participación, que busca un lector activo e esperta o enxeño. Un libro que provoca o sorriso e escorrenta a compracencia.
A estrea do espectáculo A fonte do xuramento constitúe un fito trascendental na posta en marcha do sistema teatral galego. Ao longo destes 125 anos foron moitas as persoas, homes e mulleres, que traballaron a prol da construción e do desenvolvemento dese sistema. Este volume, co que a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia inicia a súa propia liña editorial, en colaboración con Galaxia, quere ser un reconto desa peripecia e, ao tempo, unha homenaxe a todas as xentes de teatro de Galicia, polo seu esforzo exemplar e xeneroso.
Los atentados del 11 de marzo tuvieron una respuesta ciudadana en los espacios públicos que pone de manifiesto la necesidad de entender las prácticas rituales de la sociedad en la que vivimos. Las catástrofes, las masacres y los atentados terroristas se memorializan en espacios públicos utilizando un repertorio de actos de duelo que se han convertido en un patrón común en muchos países occidentales. Cuando una muerte es sentida de manera particularmente trágica por la sociedad, bien porque entre las víctimas haya gente anónima o bien porque se produzca la muerte de un personaje mediático muy popular, se ponen en marcha unos mecanismos de duelo en espacios públicos que llamaremos ...
Dende unha perspectiva actual, este libro analiza a historia da narrativa galega nas derradeiras décadas do século XX. Os cambios no oficio de narrador e no paradigma xenérico, a ampliación do repertorio temático e discursivo, as mudanzas na recepción e nos mecanismos de canonización. Todo o que levaría a consolidar na década de 1990 as transformacións que fixeron posible a definitiva madurez da narrativa galega, convertida por fin nun discurso en plena sintonía co seu tempo.