Welcome to our book review site go-pdf.online!

You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.

Sign up

Como en Alxeria
  • Language: gl
  • Pages: 185

Como en Alxeria

A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 -e contando co patrocinio da CIA- ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba ...

Todas as vidas
  • Language: gl
  • Pages: 384

Todas as vidas

"Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a raíña, a piques de ser destronada, escríbelle compulsivamente ao seu confesor. Coa súa habilidade e mestría habitual, Xosé Ramón Pena ofrécenos historias cheas de vida, como a crónica aceda da «máis chula do barrio», atrapada entre o thriller e o terror ou os amores e desvaríos dun aprendiz moderno de pirata coxo.

En tempo de desconto
  • Language: gl
  • Pages: 145

En tempo de desconto

Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. Un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico.

Para despois do adeus
  • Language: gl
  • Pages: 197

Para despois do adeus

None

A batalla do paraíso triste
  • Language: gl
  • Pages: 264

A batalla do paraíso triste

Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d’ O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e definiuna como un paraíso triste. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas –antigo oficial portugués– retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Con todo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade, vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos servizos secretos, convertindo Lisboa nun niño de espías: un espazo de ambigüidades que se complica coa relación que Freitas vive coa actriz de revistas Catarina Gusmão. A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena é unha novela de acción e de espionaxe, pero tamén un relato de amores, esperanzas e desenganos; de amizades e traizóns: a crónica dunha Lisboa pobre e gris que a ditadura salazarista tenta ocultar co centileo dos hoteis de luxo e os espectáculos musicais.

Na noite estrelecida
  • Language: gl
  • Pages: 108

Na noite estrelecida

“Na noite estrelecida” (1926) é a recreación poética, desde Galicia, dos vellos mitos artúricos e bretóns: Merlín, a espada Escalibur, Galahaz, a antiga Caledonia, o vaso marabilloso do Santo Grial... Espléndido canto da memoria dun tempo soñado, de feliz tradición nas nosas letras, onde Galicia se incorpora á bretemosa xeografía dos mundos celtas.

Fado de princesa
  • Language: gl
  • Pages: 234

Fado de princesa

A historia dunha muller contada por si mesma, unha velente incursión narrativa. Crónica íntima que que abeira as marxes dunha desolación: o que determinada sociedade esixe das mulleres, e a loita delas, decote calada e sufrinte, por fuxir da imposición dun rol. Unha novela directa, contada sen complexos nin compracencias, velaquí a historia desta Madame Bovary de fins do século XX.

O reverso do espello
  • Language: gl
  • Pages: 171

O reverso do espello

None

Manuel Antonio e a vangarda
  • Language: es
  • Pages: 202

Manuel Antonio e a vangarda

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1996
  • -
  • Publisher: Unknown

None

No desterro
  • Language: gl
  • Pages: 196

No desterro

A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas as versións, nun texto prologado e anotado con rigor por Xosé Ramón Pena, para unha mellor estima do labor desenvolto por Cabanillas. Unha obra que contén as claves poesía de denuncia, pero tamén intimista, paisaxista e aínda retallos modernistas que explican o devir literario do noso poeta.