Welcome to our book review site go-pdf.online!

You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.

Sign up

Listing Ship
  • Language: en
  • Pages: 236

Listing Ship

Sernanselle is a village in west Galicia. We are introduced to its inhabitants in the period before the Spanish Civil War. Tensions are simmering under the surface. A mother misses her son, who has emigrated to Latin America, and writes him letters. The local community tries to pool resources, but others do not want to pull in the same direction.

Iria
  • Language: gl
  • Pages: 266

Iria

Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados. Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa. Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.

Rexurdimento, a palabra e a idea
  • Language: gl
  • Pages: 304

Rexurdimento, a palabra e a idea

«Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográfico que está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), así como a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimento» e o seu triunfo relativamente recente, xunto coa expresión «Séculos escuros», sobre outras alternativas. Para isto, pártese do modelo crítico «Le mot et l'idée» de Lucien Febvre, xa aplicado en Italia e Cataluña ós conceptos de «Risorgimento» e «Renaixença», movementos cos que o ...

Rerouting Galician Studies
  • Language: en
  • Pages: 357

Rerouting Galician Studies

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2017-11-14
  • -
  • Publisher: Springer

This book—aimed at both the general reader and the specialist—offers a transatlantic, transnational, and multidisciplinary cartography of the rapidly expanding intellectual field of Galician Studies. In the twenty-one essays that comprise the volume, leading scholars based in the United States, Canada, the United Kingdom, and New Zealand engage with this field from the perspectives of queer theory, Atlantic and diasporic thought, political ecology, hydropoetics, theories of space, trauma and memory studies, exile, national/postnational approaches, linguistic ideologies, ethnographic poetry and photography, Galician language in the US academic curriculum, the politics of children’s books, film and visual studies, the interrelation of painting and literature, and material culture. Structured around five organizational categories (Frames, Routes, Readings, Teachings, and Visualities), and adopting a pluricentric view of Galicia as an analytical subject of study, the book brings cutting-edge debates in Galician Studies to a broad international readership.

Bágoas de facer illas
  • Language: gl
  • Pages: 78

Bágoas de facer illas

Axiña que rematamos de ler estas Bágoas de A. Angueira, o corpo pídenos o bruído entusiasmado da fondísima delectación que estas páxinas, este pequeno producto estético, mostrario de sensacións, sensibilidade, lirismo, inventiva e humor, é capaz de producir na rexedoría das nosas paixóns, das nosas afectividades. O carácter sísmico do gozo humano, desencadeado no presente caso por este anaquiño narrativo que non acada sequera as 80 páxinas e que demostra que non andaba Borges moi trabucado cando facía aqueles diáfanos inquéritos de lúcido invidente... Pois en 70 páxinas adensa Anxo Angueira un conto de ouro, unha bela historia en tres actos desas que conseguen acelerarnos o siso e os latexos, e non deixala, non deixala ata o final. Francisco Martínez Bauzas. (O Correo Galego, marzo, 1997.)

In Leaf
  • Language: en
  • Pages: 234

In Leaf

  • Type: Book
  • -
  • Published: Unknown
  • -
  • Publisher: Lulu.com

None

Pensa nao
  • Language: gl
  • Pages: 190

Pensa nao

En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en ...

Fóra do sagrado
  • Language: gl
  • Pages: 64

Fóra do sagrado

Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e política a respecto de Galicia. Enxurrada onomástica que escolle a propia palabra Vigo como centro dun remuíño, e que especialmente se refire a nomes de persoas da memoria política do autor; o texto é un único poema en que se dilata e se fragmenta, se prende e se leixa, se fía e desenfía arredor de Vigo. Arredor dos múltiples Vigo, pois “Fóra do sagrado” fálanos dun Vigo que, a pesar da súa centralidade, resulta moitas veces contracanónico, arraiano, exterior, maldito, irredutible. E fálanos de Vesteiro Torres e Martín Códax, de Lavadores e do Berbés, dun Vigo de Rosalía de Castro e de Rotbaf Luden, do 36 e do 72, de Bembrive e de Príncipe, o Vigo dos trasantlánticos e o dos cabalos bravos do Galiñeiro. En definitiva, Vigo asalta o papel protagonista que para o autor merece na paisaxe literaria de Galicia.

Das copras de Sarmiento ós cantares de Rosalía de Castro
  • Language: gl
  • Pages: 206

Das copras de Sarmiento ós cantares de Rosalía de Castro

Este estudo sobre o Coloquio de 24 galegos rústicos (1746) de Martín Sarmiento (1695–1772) cuestiona dobremente a historiografía literaria galega vixente. Por un lado, reclama para o texto unha envergadura literaria ata o de agora negada. Para isto, pártese da análise tanto das estratexias críticas e galeguizadoras como dunha radicación estética do popular, empregadas por un Sarmiento moi avanzado ao seu tempo. E, por outro lado, revísase o impacto do texto e do autor no Rexurdimento, para concluír que o Coloquio se comporta como unha matriz de repertorio para a literatura galega contemporánea. This study of Coloquio de 24 galegos rústicos (1746) by Martín Sarmiento (1695–17...

Gender, Displacement, and Cultural Networks of Galicia
  • Language: en
  • Pages: 330

Gender, Displacement, and Cultural Networks of Galicia

This book, bringing together a multi-voiced dialogue between academic scholars and professionals from diverse fields, shares a comprehensive and heterogeneous look at the interdisciplinarity of Galician Studies while examining a chronologically broad range of subjects from the 1800s to the present. This volume carves out a distinct approach to gender studies investigating issues of culture, language, displacement, counterculture artists, and community projects as related to questions of politics, gender and class. Women, conceived as both individual and political bodies, are studied, among other things, as an example of what it means to struggle from the margins emphasizing the importance of looking at the opposition between the center and the peripheries when studying the relationship between space and culture.