You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.
None
Nos sete traballos que integran este libro, Henrique Monteagudo presenta unha visión global, ao tempo que matizada, do pensamento e da práctica lingüística de Castelao e da súa evolución a través do tempo.
Manual que profundiza en aspectos singulares do pensamento e obra de Castelao, dirixido a todas as persoas interesadas na historia do pensamento e de gran utilidade como material complementario para as materias da Filosofía e Historia no Bacharelato.
O xenio plástico e a capacidade para transmitir o relato que contén cada imaxe fan da súa obra pictórica un dos maiores expoñentes dunha arte de vocación popular que, ao mesmo tempo, busca a emoción estética. Castelao acada nos seus últimos cadros unha verdadeira liberación da cor na procura dunha pintura que tamén capta o que non se ve. Este volume, amplamente ilustrado, foi coordinado por Carlos Lema e conta cun limiar a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane e epílogo de José Manuel López Vázquez.
New readings demonstrate the centrality of the rood to the visual, material and devotional cultures of the Middle Ages, its richness and complexity.The rood was central to medieval Christianity and its visual culture: Christ''s death on the cross was understood as the means by which humankind was able to gain salvation, and depictions of the cross, and Christ''s death upon it,were ubiquitous. This volume brings together contributions offering a new perspective on the medieval rood - understood in its widest sense, as any kind of cross - within the context of Britain and Ireland, over a wide periodof time which saw significant political and cultural change. In doing so, it crosses geographica...
Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelao situándoa no seu marco histórico, ofrécese unha concisa recensión das súas obras máis significativas e bosquéxase unha síntese das principais liñas do seu pensamento. Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñecemento dunha figura central na nosa historia contemporánea, en campos tan diversos como o pensamento, a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma. Ao tempo, ponse de vulto a súa achega fundamental á forxa de Galicia como nación, á reivindicación do seu autogoberno e dos intereses das clases populares, ao desenvolvemento da súa cultura nun paradigma de normalidade e modernidade e á configuración dun imaxinario colectivo, dunha identidade propia, amplamente partillada polo conxunto do país. A vida e a obra de Castelao, indisolublemente ligadas, fixeron del un mito popular que comezou a forxarse en vida, especialmente durante os durísimos anos do seu exilio, nas comunidades galegas da diáspora americana.
Todas as obras de ficción de Castelao aparecen reunidas neste tomo. A edición, a cargo de Manuel Rosales, inclúe numerosas notas a pé de páxina e unha introducción. Ademais de Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos, Os dous de sempre e Os vellos non deben de namorarse, inclúense neste volume prosas recuperadas e un apéndice con textos variados.
Escritor, astista plástico y dibujante excepcional, líder indiscutible de todos los gallegos y poeta por su especial sensibilidad, su lirismo de fondo y su pluralidad lingüística. (Textos originales gallegos).
Henrique Monteagudo presenta dous estudos: "Castelao: a fábula da súa vida" e "Castelao escritor. O ensaio". M. Rosales é o autor de "A obra narrativa" e de "Aproximación ó estudio da lingua na obra literaria de Castelao". M. F. Vieites escrebe o texto "Daniel R. Castelao, o movemento dramático nacional e o teatro nacional popular" e J. Beramendi e R. Máiz presentan "O pensamento político de Castelao".
Este tomo ofrece 274 cartas 186 delas inéditas do epistolario de Castelao. É así a escolma máis ampla de cartas do autor publicada. Ó longo das máis de 700 páxinas do volume pódense ler epístolas datadas entre 1902 e 1949 nas que o de Rianxo escribe a Risco, Otero Pedrayo, Josep Tarradellas... A edición, a cargo de Xosé Manuel Núñez Seijas, inclúe unha introducción e numerosas notas a pé de páxina.