Welcome to our book review site go-pdf.online!

You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.

Sign up

Catalog of the Theatre and Drama Collections
  • Language: en
  • Pages: 886

Catalog of the Theatre and Drama Collections

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1967
  • -
  • Publisher: Unknown

None

LITERATURE GALEGA MEDIEVAL.
  • Language: en

LITERATURE GALEGA MEDIEVAL.

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1990
  • -
  • Publisher: Unknown

None

A batalla do paraíso triste
  • Language: gl
  • Pages: 264

A batalla do paraíso triste

Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d’ O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e definiuna como un paraíso triste. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas –antigo oficial portugués– retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Con todo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade, vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos servizos secretos, convertindo Lisboa nun niño de espías: un espazo de ambigüidades que se complica coa relación que Freitas vive coa actriz de revistas Catarina Gusmão. A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena é unha novela de acción e de espionaxe, pero tamén un relato de amores, esperanzas e desenganos; de amizades e traizóns: a crónica dunha Lisboa pobre e gris que a ditadura salazarista tenta ocultar co centileo dos hoteis de luxo e os espectáculos musicais.

En tempo de desconto
  • Language: gl
  • Pages: 145

En tempo de desconto

Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. Un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico.

Paixóns privadas
  • Language: gl
  • Pages: 205

Paixóns privadas

None

National Union Catalog
  • Language: en
  • Pages: 616

National Union Catalog

  • Type: Book
  • -
  • Published: 1973
  • -
  • Publisher: Unknown

Includes entries for maps and atlases.

No desterro
  • Language: gl
  • Pages: 196

No desterro

A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas as versións, nun texto prologado e anotado con rigor por Xosé Ramón Pena, para unha mellor estima do labor desenvolto por Cabanillas. Unha obra que contén as claves poesía de denuncia, pero tamén intimista, paisaxista e aínda retallos modernistas que explican o devir literario do noso poeta.

Sempre en Galiza
  • Language: gl
  • Pages: 172

Sempre en Galiza

Esta "Antoloxía" de Sempre en Galiza quere ser un instrumento axeitado para a introducción ó pensamento de Castelao, fundamentalmente no relativo a aqueles temas que poden revestir un interese especial para o lector de hoxe. Como o propio antólogo explica no limiar do libro, tratouse de escolmar textos que falasen de "problemáticas que agora mesmo son motivo de controversia ou que carecen dunha plena resolución" e para as que o pensamento de Castelao segue a ser un importante punto de referencia. A antoloxía divídese en dous grandes bloques temáticos: ideario político e posicións lingüístico-culturais. Cada apartado vai seguido dunha "Guía para o comentario de textos" que, complementada coas aclaratorias notas a pé de páxina, conforman un libro concibido para o traballo na aula e para unha aproximación ó pensamento de Castelao.

En tempo de desconto
  • Language: gl
  • Pages: 232

En tempo de desconto

  • Type: Book
  • -
  • Published: 2022
  • -
  • Publisher: Unknown

None

Galego século XXI
  • Language: gl
  • Pages: 264

Galego século XXI

Como ferramenta de uso doado, é útil tanto para o estudante coma para calquera persoa que traballe decote co idioma nos medios de comunicación ou na administración. Cunha información completa sobre a nova ortografía, clarexa todos aqueles aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos que adoitan presentar dificultades aos usuarios do galego. O seu obxectivo é facilitar o achegamento á nosa lingua mediante múltiples posibilidades de consulta e unha xerarquización adecuada das entradas. Inclúe un conxunto de palabras-clave que sintetizan a información e fan que a consulta sexa directa e instantánea.