You may have to Search all our reviewed books and magazines, click the sign up button below to create a free account.
María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora. O presente estudo está organizado seguindo un criterio temático-cronolóxico. A esta introdución seguen catro capítulos dedicados aos catro ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas. A eles segue un capítulo dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia, unha nova etapa na súa vida marcada polo silencio, a nostalxia e o sufrimento.
Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos. O autor manexa fontes de todo tipo (literarias, etnográficas…) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Este volume vén encher un baleiro existente na historiografía contemporánea ao se achegar ás galegas e galegos “normais” para saber como comían, bebían, cantaban, namoraban… en definitiva, como era a vida segundo a clase social á que pertencecen, pois non era igual para os fidalgos que para os labregos, para os burgueses que para as serventes. Nada é alleo á pescuda e ao estudo do autor, e así, a familia, a vivenda, a roupa, a hixiene, os labores e atafegos económicos… Unha entretida viaxe no tempo cara ao cerne do que somos nós mesmos.
Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter na sociedade. Podería ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20 anos, pero non se conformou con iso senón que redobrou o seu traballo e esforzo demostrando que as mulleres podían e debían estar presentes e actuando de forma activa na vida cultural, científica e social, sen esquecer a colaboración na atención á infancia fóra das aulas ou aos presos nos cárceres. Admiradora de Concepción Arenal...
No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Ma Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigaci...
Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades, quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorial galego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e republicano, na defensa da lingua, na escrita... Alí estaban as mulleres galegas c...
Las maestras republicanas simbolizan el proyecto de transformación social y cultural de la Segunda República. En sus trayectorias vitales encontramos la plasmación de las esperanzas, las experiencias y los logros alcanzados por las mujeres españolas en esos años de cambios profundos, en los que las mujeres obtuvieron la ciudadanía civil y la ciudadanía política y en los que la educación era concebida como el fundamento de una auténtica democracia. La profesión de maestra era uno de los pocos ámbitos laborales en el que las mujeres habían ido conquistando, desde el siglo XIX, un terreno de afirmación, reconocimiento y legitimación en la esfera pública. En los años treinta del...
None